Máis de 9.000.000 de británicos declaran sentirse sós. Medio millón de británicos maiores de 60 anos só falan, como máximo, cunha persona unha vez á semana pero, para a maioría deles, admitir que se sinten sós é todavía un estigma. Talvez, intuíndo que isto será un problema a curto prazo, o Reino Unido creou en 2018 o Ministerio da Soidade.

A Enquisa Continua de Fogares do Instituto Nacional de Estadística do Estado Español para 2015 informaba de que en España vivían soas 4.611.129 persoas, o que supuña un 10.1% da poboación total. A día de hoxe un de cada catro fogares é un fogar unipersoal. Esta é unha tendencia que vai en aumento. Estímase que cada ano entre 100.000 e 150.000 persoas comezan a vivir soas no país.

Ler máis

Tomado en conta os datos do Nomenclator 2017 do INE (Instituto Nacional de Estadística) do Estado Español, o número de aldeas abandonadas na Comunidade Autónoma galega ascendeu a 3677, o que supón exactamente o abandono total de 2116 novos núcleos poboacionais dende o ano 2012. A tendencia para os próximos anos segue a mesma liña ascendente. Á vista dos factores sociolaborais e demográficos prognostícase o abandono a medio prazo da case totalidade dos pequenos núcleos poboacionais no 85% do territorio da Comunidade Autónoma. A día de hoxe o 70% da poboación galega está centralizada no 6% do territorio.

Noutra orde das cousas, no mes de novembro de 2018, logo de catro meses de ofertar o seu produto, Descentraland conseguiu colocar 90.000 parcelas virtuais cun prezo aproximado de 16 millóns de dólares (US dollars). Descentraland é unha plataforma de realidade virtual descentralizada basada no blockchain dentro da rede Ethereum. Accedendo a esta plataforma pódense realizar compras de parcelas virtuais de 100 metros cadrados por un valor que fluctúa entre os 950 e os 9000 dólares a unidade.

Ler máis

En 1912, con dezaseis anos de idade, o labrego Jack Wall foi enviado ao exército. Comenzou tocando o tambor e alí permaneceu até o día da súa morte.

Cinco anos máis tarde, no amencer do 6 de septembro de 1917, o sarxento Jack Wall foi levado ante o pelotón de fusilamento e executado. A xustiza militar británica atopárao culpable de deserción e covardía. O seu crime foi refuxiarse nunha casamata xunto a oito dos soldados que tiña asignados ao seu cargo porque a faixa de terreo que tiña que cubrir estaba exposta á artillería alemá. En definitiva, foi condeado a morte por negarse a empurrar aos seus hombres e a si mesmo a unha morte segura.

Ler máis

John Corcoran era un triunfador. Excelente deportista, posuidor de grandes habilidades sociais, carismático, atractivo, alto, louro, cachas.

Entrou na universidade cunha bolsa de estudos completa de atletismo. Ao cabo dun tempo graduouse e comenzou a traballar como profesor. Ensinou mecanografía, estudos sociais e deportes durante dezasete anos, alcanzando así o obxectivo que seus pais lle marcaran. “Serás un gañador”, dixéranlle. E niso, nun gañador, convertérase.

Un novo gran soño americano cumprido. A engranaxe rodaba perfectamente engraxada. John Corcoran era un home feito a si mesmo, grazas ao seu esfuerzo e vontade gañara o respecto e a aprobación das xentes respectables.

Ler máis

O 24 de Marzo de 1976 Jorge Rafael Videla encabezou un golpe de estado que derrocou ao goberno democráticamente elixido de María Estela Martínez de Perón.

Jorge Rafael Videla concluiu que as cousas na Arxentina estaban mal colocadas e facíase preciso reorganizalas. Seguindo os ditados da súa visión omnicomprensiva clausurou o Parlamento, os sindicatos e as organizacións populares, fixo queimas públicas de libros e incluso ordeou prohibir os tangos de Gardel.

Durante os traballos de reorganización entregáronse centos de bebés a familias afíns ao réxime e miles de persoas foron asasinadas. A moitas delas, como non tiña onde reorganizarlas, foinas embarcando en fatídicos voos da morte para facelas desaparecer lonxe da costa.

Ler máis

O día do seu 104 cumpreanos o cidadán australiano David Goodall declarou que lamentaba profundamente ter chegado a esa idade. Díxoo con culpa, como se na súa man estivese ter sobrevivido tanto tempo. Non son feliz, engadiu, quero morrer, non é particularmente triste. O triste é que mo impidan.

David Goodall era un reputado científico no seu país, investigador asociado de honor da Universidade Edith Cowan de Perth, Australia. Non sufría ningunha enfermidade terminal, pero dende facía xa uns anos a súa calidade de vida sufrira unha importante mingua, así que solicitou ás autoridades australianas que lle permitiesen suicidarse. Ante a negativa recibida decidiu viaxar a Suiza, país onde a eutanasia está permitida, para pórlle fin á súa vida con dignidade.

Ler máis

Dende 1770 católicos e xudeus convivían en relativa harmonía na pequena localidade polaca de Jedwabne.

O 10 de Xullo de 1941 unha turba de veciños católicos ataviados con coitelos, machados, paus e legóns foron, casa a casa, detendo aos hebreos para levalos á praza da aldea. Unha vez alí acusáronos de conspirar co comunismo e asasinaron aos seus líderes a golpe de aveño. Ao resto pecháronos nun silo e prendéronlle lume. Algúns veciños apostáronse na porta para asegurarse de que ninguén poidese escapar da queima. A quen tentaba fuxir rebandábanlle o pescozo. Cando as lapas envolveron a construción guindaron a nenos e anciáns ao lume, provocándolles unha morte máis atroz, se cadra, que a aqueles que estando xa dentro morreron por asfixia.

Ler máis

O 13 de Decembro de 1968 a revista Science, no seu volume número 162, publicaba o dilema “Tragedy of the commons”, isto é, a Traxedia dos bens comúns. Garret Hardin, seu creador, argumentaba neste dilema que varios individuos motivados soamente por un interese persoal e actuando independente pero racionalmente, terminan por destruír un recurso compartido limitado aínda que a ningún deles lles conveña que tal destrución suceda.

Este dilema pode ser aplicado a unha gran parte da actividade humana e é considerado o causante dos principais problemas medioambientais. O colapso dos Rapa Nui, a deforestación das selvas, a veloz desertización do planeta, a sobreexplotación dos océanos… todo semella adecuarse perfectamente a esta diabólica premisa.

Ler máis

O 30 de Abril de 2018 os xornais informaban de que a Cámara de Comercio de España, unha das institucións empresariais máis importantes daquel país, adxudicara á axencia británica Brunswick a contratación dunha campaña internacional para difundir nos medios de comunicación estranxeiros a idea de que a democracia española era un verdadeiro Estado de Dereito.

Segundo as condicións do contrato a Cámara de Comercio de España estimaba urxente centrar as actuacións encamiñadas a introducir a idea de que o sistema político español era unha democracia plena na opinión pública de Alemaña, Bélxica e Reino Unido, países cara a onde escaparan algúns políticos cataláns fuxindo do requerimento da xustiza española.

Ler máis