O 30 de Abril de 2018 os xornais informaban de que a Cámara de Comercio de España, unha das institucións empresariais máis importantes daquel país, adxudicara á axencia británica Brunswick a contratación dunha campaña internacional para difundir nos medios de comunicación estranxeiros a idea de que a democracia española era un verdadeiro Estado de Dereito.

Segundo as condicións do contrato a Cámara de Comercio de España estimaba urxente centrar as actuacións encamiñadas a introducir a idea de que o sistema político español era unha democracia plena na opinión pública de Alemaña, Bélxica e Reino Unido, países cara a onde escaparan algúns políticos cataláns fuxindo do requerimento da xustiza española.

Ler máis

O 1 de setembro de 1904 Helen Adams Keller, escritora, oradora, filántropa e activista política obtivo un doutorado no prestixioso Radcliffe College dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1905 uniuse formalmente ao Partido Socialista. Entre outras causas promoveu o sufraxio feminino e os dereitos dos traballadores. Foi cofundadora da American Civil Liberties Union. Escribiu decenas de libros e artigos. Deu conferencias. Opúxose á guerra, á explotación, á prostitución, ao racismo.

Helen Adams Keller era sordocega dende os 18 meses de vida, isto é, dende antes de que aprendese a comunicarse. O seu libro máis coñecido titúlase “Luz na oscuridade”. E iso foi exactamente o que aconteceu. Helen Keller conseguiu levar luz allí onde só había tebras, tanto por dentro como por fóra do seu ser. Nun xeneroso exemplo de amor e lealdade Anne Sullivan, a súa maestra e amiga, axudoulle a prender a lapa.

Ler máis

Antes da chegada do home branco europeo ao que hoxe conforma o territorio dos Estados Unidos de Norteamérica as chairas estaban ateigadas de bisontes. Esta especie animal foi exterminada en masa, moitas veces simplemente para cociñar a lingua, o resto do corpo quedaba para a calaza.

Un dos máis avezados tiradores foi o afamado Buffalo Bill. Entre 1867 e 1868 traballou para a compañía de ferrocarril Kansas Pacific cazando bisontes para alimentar aos trabajadores que instalaban as vías. Dise que en tan só dezaoito meses abateu 4280 cabezas de bisonte americano. Non existe cómputo do número de animais aos que deu morte durante o transcurso da súa vida.

Ler máis

Entre 1857 y 1859 Jean François Millet creou a súa famosa obra L´Angélus. Nela pintou a dous labregos humildes rezándolle a un cesto cheo de froitos. A imaxe representa unha acción de grazas polos alimentos recibidos. No entanto, orixinariamente, Jean François Millet pintara no cesto o cadáver dun neno. Para evitar a censura decidiu borrar ese tráxico elemento e pór, no seu lugar, unha colleita de hortalizas escasas.

O 11 de Agosto de 1932 Pierre Guillard, un enxeñeiro francés de 31 anos, entrou no Museo do Louvre armado cun coitelo e atacou a obra propinándolle cinco talladas. Cando foi detido o agresor declarou; “cando menos falarase de min!”.

Ao día seguinte, nos xornais da época, o reporte do suceso foi redactado da seguinte maneira: “As persoaxes do cadro sufriron poucos danos, o estado do ceo é máis preocupante”

Ler máis

O 15 de Marzo de 2018 Michihito Matsuda presentouse ás eleccións como aspirante á alcaldía de Tama, un distrito de Tokio, Xapón, obtendo un notorio terceiro posto nos comicios.

No seu programa electoral Michihito Matsuda comprometíase a acabar coa corrupción, ofrecía oportunidades xustas para todos e aseveraba, ademais, que para facerlle fronte aos conflitos aplicaría criterios exclusivamente matemáticos, isto era, resolvería os problemas obviando as complicacións derivadas da conciencia ou dos sentimientos.

Michihito Matsuda era un robot, a primeira Intelixencia Artificial que se presentaba a unhas eleccións no mundo. O seu programador, deus creador cosmogónico, quixo facer á súa criatura a imaxe e semellanza do home. Como o bo político que habería de ser non se esqueceu de dotar a Michihito Matsuda da moi humana habilidade de prometer aquilo que xamás podería cumprir.

Ler máis

O impacto da humanidade na naturaleza está provocando unha perda de biodiversidade acelerada. Na actualidade, a ratio de extinción de especies está por riba do 100% do que sería natural. Das 11000 especies de aves 4000 sufren declive poboacional, unha de cada oito está ameazada. Dende o ano 1500 até o 1980 desapareceron 34 especies anfibias. Dende o 1980 até hoxe, tan só 38 años, xa teñen desaparecido 100. Un terzo das especies mariñas está en risco. Mamíferos, réptiles, crustáceos, aves, peixes, anfibios… todos presentan niveis alarmantes de perda poboacional.

Ler máis

Durante toda a súa vida o alpinista, avogado, escritor, empresario, botánico e humanista esloveno Julius Kugy deambulou, aba arriba aba abaixo, polos Alpes Xulianos na procura dunha misteriosa flor, a Scabiosa Trenta.

Esa flor ocupou o seu pensamento como se do máis fermoso ser se tratase. Tal foi a obsesión que a Scabiosa Trenta sementou en Kugy que o escritor, nalgúns dos seus libros, dedicoulle elevadas palabras de pureza e paixón.

“E así ti, flor milagrosa, longamente buscada e apaixonadamente desexada polo meu corazón, surxirás un día dos soños do meu devezo”.

Ler máis

Donald Rusk Currey sospeitaba que a árbore coñecida como Prometeo era o ser vivo non clonado máis lonxevo do mundo. Logo de varias e infrutuosas tentativas de determinar a súa idade por medio de picas, barrenas e berbiquís, decidiu que, por máis mágoa que lle dese, non había outra opción que diseccionalo para saber cantas anadas formaban o seu tronco. Así, serra en man, o 6 de Agosto de 1964, co permiso do Servizo Forestal dos Estados Unidos de Norteamérica, Donald Rusk Currey comenzou a dar conta daquel toro retorto.

Ler máis