Libros

Os abismos da Noite Eterna

A luz que creba a noiteA vida é unha onda diminuta nos océanos do tempo. As obras consómense rapidamente como faíscas fuxidías dunha feble fogueira. As xentes nacen e morren, veñen e van, por sobrevivir sucan a terra e erguen cidades, abren camiños, enxendran descendencia para logo perderse mansamente no horizonte como simples sombras. Só permanece a valentía dos seres extraordinarios. Só eles serán lembrados, como un eco infinito, polas xeracións. Só eles poderán dicir que realmente viviron.

Adquirir Os abismos da Noite Eterna

Alén do remuíño

Alén do remuíñoXoel posúe unha imaxinación portentosa. Pode ver dragóns alí onde os demais só ven lagartas, sereas nadando nos charcos, un rabaño pastando na lúa, gnomos choutando no arco da vella…máis este don marabilloso tan só semella traerlle desgrazas.

Un novo traslado no traballo do seu pai obríago a cambair de escola, e hoxe precisamente é o primeiro día. A expericencia resulta traumática e algúns compañeiros recíbeno con formas pouco amábeis. Malia que Xoel trata de evitar problemas, á fin hase ver inmiscido en asuntos disciplinarios.

Entristecido, asume que o seu maxín voador é unha negra maldición. Porén no momento de cumplir o castigo, desencadeanse uns misteriosos acontecementos que lle farán compreder que nesta vida nada é o que parece, e que hai no mundo cousas invisíbeis que, moitas veces, son máis importantes que aquelas que se ven.

Adquirir Alén do remuíño

 

 

 

Crea un sitio web o blog en WordPress.com

Subir ↑