O perdón dos pecados

En 1912, con dezaseis anos de idade, o labrego Jack Wall foi enviado ao exército. Comenzou tocando o tambor e alí permaneceu até o día da súa morte.

Cinco anos máis tarde, no amencer do 6 de septembro de 1917, o sarxento Jack Wall foi levado ante o pelotón de fusilamento e executado. A xustiza militar británica atopárao culpable de deserción e covardía. O seu crime foi refuxiarse nunha casamata xunto a oito dos soldados que tiña asignados ao seu cargo porque a faixa de terreo que tiña que cubrir estaba exposta á artillería alemá. En definitiva, foi condeado a morte por negarse a empurrar aos seus hombres e a si mesmo a unha morte segura.

Só na I Guerra Mundial 309 soldados británicos foron executados por acusacións de deserción e covardía. Moitas desas ordes de execución foron asinadas pola mesma persoa, o mariscal de campo británico Marshall Haig, máis coñecido como o “carniceiro Haigh” entre os familiares dos executados.

A campaña Shot at Dawn, fusilamentos ao amencer, dedicou os seus esforzos a lograr o perdón xudicial desas trescentas nove persoas. No ano 2007, trescentos seis daqueles soldados recibiron indultos póstumos do Ministerio de Defensa británico. Á fin, noventa anos despois, os seus executores perdoáranos.

Ao mariscal de campo Marshall Haigh non foi preciso perdoarlle nada.