A lei da adaptación ao medio

John Corcoran era un triunfador. Excelente deportista, posuidor de grandes habilidades sociais, carismático, atractivo, alto, louro, cachas.

Entrou na universidade cunha bolsa de estudos completa de atletismo. Ao cabo dun tempo graduouse e comenzou a traballar como profesor. Ensinou mecanografía, estudos sociais e deportes durante dezasete anos, alcanzando así o obxectivo que seus pais lle marcaran. “Serás un gañador”, dixéranlle. E niso, nun gañador, convertérase.

Un novo gran soño americano cumprido. A engranaxe rodaba perfectamente engraxada. John Corcoran era un home feito a si mesmo, grazas ao seu esfuerzo e vontade gañara o respecto e a aprobación das xentes respectables.

Dezasete anos despois da súa graduación John Corcoran, rillado polos remorsos, confesou que a súa vida era un fraude. Non sabía ler. Dende a infancia conseguira ocultar esa carencia, que o avergoñaba, valéndose dos máis diversos enganos. E así continuara, mentira tras mentira, durante máis de corenta años, até que a súa conciencia decidiu deter a bóla de neve que cada día era máis grande e máis pesada.

Nun acto de dignidade, aos corenta e sete anos, John Corcoran inscribiuse nun curso de alfabetización para adultos.

Quen podería reprocharlle nada? O único que fixo foi adaptarse, como mellor puido, ás regras desta sociedade que nos obriga a elixir entre ser gañador ou ser ganado.