A conicha idea da democracia

O 30 de Abril de 2018 os xornais informaban de que a Cámara de Comercio de España, unha das institucións empresariais máis importantes daquel país, adxudicara á axencia británica Brunswick a contratación dunha campaña internacional para difundir nos medios de comunicación estranxeiros a idea de que a democracia española era un verdadeiro Estado de Dereito.

Segundo as condicións do contrato a Cámara de Comercio de España estimaba urxente centrar as actuacións encamiñadas a introducir a idea de que o sistema político español era unha democracia plena na opinión pública de Alemaña, Bélxica e Reino Unido, países cara a onde escaparan algúns políticos cataláns fuxindo do requerimento da xustiza española.

O orzamento da campaña era de 484.000 €. Segundo informou un periódico de tirada nacional varias axencias de comunicación aspirantes queixáronse de que a contía era máis ben escasa. Que idea de democracia pretendía difundir a Cámara de Comercio de España cunha cifra tan conicha?