John Corcoran era un triunfador. Excelente deportista, posuidor de grandes habilidades sociais, carismático, atractivo, alto, louro, cachas.

Entrou na universidade cunha bolsa de estudos completa de atletismo. Ao cabo dun tempo graduouse e comenzou a traballar como profesor. Ensinou mecanografía, estudos sociais e deportes durante dezasete anos, alcanzando así o obxectivo que seus pais lle marcaran. “Serás un gañador”, dixéranlle. E niso, nun gañador, convertérase.

Un novo gran soño americano cumprido. A engranaxe rodaba perfectamente engraxada. John Corcoran era un home feito a si mesmo, grazas ao seu esfuerzo e vontade gañara o respecto e a aprobación das xentes respectables.

Ler máis

O 24 de Marzo de 1976 Jorge Rafael Videla encabezou un golpe de estado que derrocou ao goberno democráticamente elixido de María Estela Martínez de Perón.

Jorge Rafael Videla concluiu que as cousas na Arxentina estaban mal colocadas e facíase preciso reorganizalas. Seguindo os ditados da súa visión omnicomprensiva clausurou o Parlamento, os sindicatos e as organizacións populares, fixo queimas públicas de libros e incluso ordeou prohibir os tangos de Gardel.

Durante os traballos de reorganización entregáronse centos de bebés a familias afíns ao réxime e miles de persoas foron asasinadas. A moitas delas, como non tiña onde reorganizarlas, foinas embarcando en fatídicos voos da morte para facelas desaparecer lonxe da costa.

Ler máis

O día do seu 104 cumpreanos o cidadán australiano David Goodall declarou que lamentaba profundamente ter chegado a esa idade. Díxoo con culpa, como se na súa man estivese ter sobrevivido tanto tempo. Non son feliz, engadiu, quero morrer, non é particularmente triste. O triste é que mo impidan.

David Goodall era un reputado científico no seu país, investigador asociado de honor da Universidade Edith Cowan de Perth, Australia. Non sufría ningunha enfermidade terminal, pero dende facía xa uns anos a súa calidade de vida sufrira unha importante mingua, así que solicitou ás autoridades australianas que lle permitiesen suicidarse. Ante a negativa recibida decidiu viaxar a Suiza, país onde a eutanasia está permitida, para pórlle fin á súa vida con dignidade.

Ler máis

Dende 1770 católicos e xudeus convivían en relativa harmonía na pequena localidade polaca de Jedwabne.

O 10 de Xullo de 1941 unha turba de veciños católicos ataviados con coitelos, machados, paus e legóns foron, casa a casa, detendo aos hebreos para levalos á praza da aldea. Unha vez alí acusáronos de conspirar co comunismo e asasinaron aos seus líderes a golpe de aveño. Ao resto pecháronos nun silo e prendéronlle lume. Algúns veciños apostáronse na porta para asegurarse de que ninguén poidese escapar da queima. A quen tentaba fuxir rebandábanlle o pescozo. Cando as lapas envolveron a construción guindaron a nenos e anciáns ao lume, provocándolles unha morte máis atroz, se cadra, que a aqueles que estando xa dentro morreron por asfixia.

Ler máis

O 13 de Decembro de 1968 a revista Science, no seu volume número 162, publicaba o dilema “Tragedy of the commons”, isto é, a Traxedia dos bens comúns. Garret Hardin, seu creador, argumentaba neste dilema que varios individuos motivados soamente por un interese persoal e actuando independente pero racionalmente, terminan por destruír un recurso compartido limitado aínda que a ningún deles lles conveña que tal destrución suceda.

Este dilema pode ser aplicado a unha gran parte da actividade humana e é considerado o causante dos principais problemas medioambientais. O colapso dos Rapa Nui, a deforestación das selvas, a veloz desertización do planeta, a sobreexplotación dos océanos… todo semella adecuarse perfectamente a esta diabólica premisa.

Ler máis

O 30 de Abril de 2018 os xornais informaban de que a Cámara de Comercio de España, unha das institucións empresariais máis importantes daquel país, adxudicara á axencia británica Brunswick a contratación dunha campaña internacional para difundir nos medios de comunicación estranxeiros a idea de que a democracia española era un verdadeiro Estado de Dereito.

Segundo as condicións do contrato a Cámara de Comercio de España estimaba urxente centrar as actuacións encamiñadas a introducir a idea de que o sistema político español era unha democracia plena na opinión pública de Alemaña, Bélxica e Reino Unido, países cara a onde escaparan algúns políticos cataláns fuxindo do requerimento da xustiza española.

Ler máis