O preocupante estado do ceo

Entre 1857 y 1859 Jean François Millet creou a súa famosa obra L´Angélus. Nela pintou a dous labregos humildes rezándolle a un cesto cheo de froitos. A imaxe representa unha acción de grazas polos alimentos recibidos. No entanto, orixinariamente, Jean François Millet pintara no cesto o cadáver dun neno. Para evitar a censura decidiu borrar ese tráxico elemento e pór, no seu lugar, unha colleita de hortalizas escasas.

O 11 de Agosto de 1932 Pierre Guillard, un enxeñeiro francés de 31 anos, entrou no Museo do Louvre armado cun coitelo e atacou a obra propinándolle cinco talladas. Cando foi detido o agresor declarou; “cando menos falarase de min!”.

Ao día seguinte, nos xornais da época, o reporte do suceso foi redactado da seguinte maneira: “As persoaxes do cadro sufriron poucos danos, o estado do ceo é máis preocupante”.