O grande heroe americano

Antes da chegada do home branco europeo ao que hoxe conforma o territorio dos Estados Unidos de Norteamérica as chairas estaban ateigadas de bisontes. Esta especie animal foi exterminada en masa, moitas veces simplemente para cociñar a lingua, o resto do corpo quedaba para a calaza.

Un dos máis avezados tiradores foi o afamado Buffalo Bill. Entre 1867 e 1868 traballou para a compañía de ferrocarril Kansas Pacific cazando bisontes para alimentar aos trabajadores que instalaban as vías. Dise que en tan só dezaoito meses abateu 4280 cabezas de bisonte americano. Non existe cómputo do número de animais aos que deu morte durante o transcurso da súa vida.

O 23 de Agosto de 1904 o goberno dos Estados Unidos de Norteamérica, por medio dun suculento contrato, encargoulle a Buffalo Bill, grande heroe americano do momento, a salvagarda do bisonte americano en todo o territorio nacional. Das 4 millóns de cabezas que poboaran os Estados Unidos de Norteamérica antes da chegada do home branco europeo quedaban 1024.