Michihito Matsuda pode prometer e promete

O 15 de Marzo de 2018 Michihito Matsuda presentouse ás eleccións como aspirante á alcaldía de Tama, un distrito de Tokio, Xapón, obtendo un notorio terceiro posto nos comicios.

No seu programa electoral Michihito Matsuda comprometíase a acabar coa corrupción, ofrecía oportunidades xustas para todos e aseveraba, ademais, que para facerlle fronte aos conflitos aplicaría criterios exclusivamente matemáticos, isto era, resolvería os problemas obviando as complicacións derivadas da conciencia ou dos sentimientos.

Michihito Matsuda era un robot, a primeira Intelixencia Artificial que se presentaba a unhas eleccións no mundo. O seu programador, deus creador cosmogónico, quixo facer á súa criatura a imaxe e semellanza do home. Como o bo político que habería de ser non se esqueceu de dotar a Michihito Matsuda da moi humana habilidade de prometer aquilo que xamás podería cumprir.