Luz na escuridade

O 1 de setembro de 1904 Helen Adams Keller, escritora, oradora, filántropa e activista política obtivo un doutorado no prestixioso Radcliffe College dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1905 uniuse formalmente ao Partido Socialista. Entre outras causas promoveu o sufraxio feminino e os dereitos dos traballadores. Foi cofundadora da American Civil Liberties Union. Escribiu decenas de libros e artigos. Deu conferencias. Opúxose á guerra, á explotación, á prostitución, ao racismo.

Helen Adams Keller era sordocega dende os 18 meses de vida, isto é, dende antes de que aprendese a comunicarse. O seu libro máis coñecido titúlase “Luz na oscuridade”. E iso foi exactamente o que aconteceu. Helen Keller conseguiu levar luz allí onde só había tebras, tanto por dentro como por fóra do seu ser. Nun xeneroso exemplo de amor e lealdade Anne Sullivan, a súa maestra e amiga, axudoulle a prender a lapa.