Ensalada de tomate kumato para todos

O impacto da humanidade na naturaleza está provocando unha perda de biodiversidade acelerada. Na actualidade, a ratio de extinción de especies está por riba do 100% do que sería natural. Das 11000 especies de aves 4000 sufren declive poboacional, unha de cada oito está ameazada. Dende o ano 1500 até o 1980 desapareceron 34 especies anfibias. Dende o 1980 até hoxe, tan só 38 años, xa teñen desaparecido 100. Un terzo das especies mariñas está en risco. Mamíferos, réptiles, crustáceos, aves, peixes, anfibios… todos presentan niveis alarmantes de perda poboacional.

Por outro lado, o 75 por cento das calorías que alimentan á humanidade proveñen das mesmas 5 especies animais e 12 especies vexetais. A diversidade alimentaria foise reducindo e, hoxe en día, o home nútrese, maooritaria e globalmente, da mesma vintena de especies. Miles e miles de endemismos fóronse eliminado para dar paso a un cultivo homoxeneizado, estandarizado a nivel mundial.

Hai uns días escoitei a alguén no supermercado, sección froitería, asegurar que podería pasar a vida comendo exclusivamente ensaladas de tomate kumato. Que persona tan afortunada!, pensei, non lle costará moito adaptarse ao mundo que vén.